Cita co baile galego e alentejano en Compostela

Cartaz Baile Assalto
Celina da Piedade
Oscar Fernandez

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, ofrece un Baile Assalto no que poder desfrutar das músicas galegas e alentejanas. A cantante portuguesa Celina da Piedade e a pesquisadora brasileira Lia Marchi conducirán as danzas do Alentejo. Pola parte galega, o acordeonista Roberto Grandal e o maestro da zanfona Óscar Fernández farán un repaso dos bailes galegos: xotas, muiñeiras, rumbas, pasodobres...

A noite iniciarase ás 19 h cun obradoiro de danzas e o Baile comezará a partir das 21.30h e até a 1h. Agárdanse sorpresas artísticas ao longo da noite.

Os Bailes Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo. Están organizados pola Escola Livre da Música Popular Galega (ELMPG) de aCentral Folque e teñen lugar cada segundo venres de mes (con excepcións!) no Local Social da Gentalha do Pichel (Santiago de Compostela). A entrada é de 5 €. A Gentalha do Pichel dispón, ademais da zona de baile, dun pequeno bar onde se poden comer e beber especialidades locais, ademais de desfrutar dun dos mellores ambientes asociativos da Galiza. Aquí vos esperamos, para danzar os vosos corpos cos nosos!

article posted by:Olga Nogueira, Noente Paradise SL

Links