Cuarteto Caramuxo

Cuarteto Caramuxo
Cuarteto Caramuxo

Songs

These are just preview samples. You need a valid account and be logged in to hear the full tracks.
  • country:Spain
  • region:Galicia
  • style(s):Galician, Traditional
  • label:Falcatruada
  • type:Band
  • instrumentation:instrumental, percussion, woodwind
  • artist posted by:Mare

Line up

  • Felipe Agell (clarinetes)
  • Fernando Abreu (clarinetes)
  • Marcos Padrón (acordeón)
  • Óscar Prieto (clarinetes)
  • Patricia Cela (percusión)
  • Xoán Carlos Vázquez (clarinetes)

Links

O camiño que percorreu Caramuxo dende a súa formación ata este traballo foi moi diverso, comezando dende o máis clásico ata chegar ao repertorio actual —de carácter popular— co que gozan plenamente, dándolle ós seus concertos un aire festivo que contaxia ó público e que intensifica o seu valor. A súa coidada posta en escena tende máis cara a un espectáculo teatral cá un concerto ó xeito tradicional. Esta teatralidade vese reforzada nos últimos anos grazas á colaboración co actor Avelino González no espectáculo Vento Mareiro—polo que recibiron no ano 2006 o premio de teatro María Casares á Mellor Música Orixinal—, e a participación no espectáculo didáctico infantil O Calcetín Amarelo en 2007, ou á produción do seu novo espectáculo (en preparación) A Ratiña Laranxa.



Actualmente, o repertorio do Cuarteto Caramuxo vira claramente cara á reinterpretación da música tradicional galega, tomando como base as melodías recollidas nos cancioneiros populares galegos e algunhas composicións de autores contemporáneos de Galicia (Nacho Muñoz, Antón L. Pulido, Jesús González ou Ernesto Campos), feitas expresamente para o grupo. Así e todo, Caramuxo non renuncia ás interpretacións doutras melodías, ben sexan doutras culturas, do jazz ou da música pop, sempre adaptadas ó seu discurso musical.



As claves da singularidade do Cuarteto Caramuxo residen en dous feitos fundamentais: por unha banda, a instrumentación e, pola outra, os arranxos. Catro intérpretes de clarinete —que abranguen toda a familia do instrumento—, unha percusionista tradicional e un acordeonista, todos eles cunha variada formación académica que vai dende a música antiga ata a contemporánea, pasando pola música tradicional, a pedagoxía ou a musicoterapia. A mestura de todos estes elementos nuns arranxos colectivos onde cada un achega a súa propia personalidade e bagaxe musical, dan como resultado unha música fresca e orixinal que non persigue estilos nin referentes musicais alleos. A filosofía dos Caramuxos resúmese na interpretación da música sen présa e sen maior pretensión cá de gozar coa música.